sábado, 8 de diciembre de 2012

Los escotes de Alicia




Facía xa tempo que non actualizaba esto, pero unha ocasión coma esta non a podía deixar pasar. Onte fixen un descubrimento: resulta que hai unha enxeñeira da Comunidade Valenciana, que ten 31 anos e que se lle dou por crear un blog, onde cada día sube unha foto do seu escote.
Por suposto, paseime polo blog e púxenme a ler e mirar, e... de verdade, internet está cheo de fotos de rapazas, mulleres desnudas, adolescentes facendo poses diante do espello (algunhas verdadeiramente esperpénticas)...
Pois... que queredes que vos diga, para un fan dos escotes coma min, é un verdadeiro agasallo este blog. Que unha muller se decida a facer este tipo de fotos, con elegancia, clase e sensualidade, sen caer no soez e cutre, e ademais que o faga de forma tan divertida e amena, pois agradécese. Desde hoxe xa teño un novo entretenemento; ver tódalas noites as súas actualizacións, e a foto diaria, así coma intentar descifrar algúns dos xogos cos que reta ós seus lectores do blog.

Bueno, por hoxe xa vos contei bastante, así que agora tócavos a vos facerlle a visita, e que xa vos siga contando ela...

http://aliciatetas.blogspot.com.es/

martes, 30 de octubre de 2012

O video de Rafa Mora


Os que de vez en cando tendes a ben, de ler o que este mangante escribe, xa sabedes que eu son moi crítico con este tipo de festas de tronistas, grandesbroders e concursantes variados. Non porque non queira que esta xente gañe cartos a costa de quen os queira pagar (un negocio coma outro calquera), senon porque creo que o término DISCOTECA, debería de implicar que os shows que un se pode atopar deberían de ser distintos a convertir o local nun estudo de fotografía.
Pero como sobre este tema xa falei nalgunha outra ocasión, non vou en principio en incidir mais nel.

O caso é que onte me atopei cun videoclip que narra un pouco a vida desta xente, de feito fala de un dos tronistas de maior éxito, e de como levan unha vida de estrelas de cine sen pegar pao, simplemente polo feito de ser guap@s.

Eu creo que o video non necesita ningún tipo de explicación... é meridianamente claro.

miércoles, 24 de octubre de 2012

Como se reparten os escanos por provincias

IMAXE: http://www.elidealgallego.com


Despois de intentar explicar como se fai o reparto de escanos en España na entrada anterior, http://cheocheopuntocom.blogspot.com.es/2012/10/asi-se-reparten-os-escanos-en-espana.html hoxe vou intentar despexar outra dúbida acerca de como se reparten en Galicia os escanos por provincias.

É recente a polémica que levantou Alberto Nuñez Feijoo, cando propuxo o reducir o número de deputados no Parlamento galego, xa que os grupos da oposición acusábano de que ese cambio favorecería ó PP, e eu, que nas palabras dos políticos de un e outro bando teño be poca fe, intentei buscar como se facía este reparto entre provincias e cal era este motivo que decía a oposición.

Pois ben, en Galicia elíxense 75 deputados en total, cifra que quedou establecida nuha lei electoral do ano 85, e faise da seguinte maneira: Hai unha parte fixa, que son 10 deputados por provincia, deste modo asegúrase que tódalas provincias teñan un mínimo de reprentación, e os outros 35 deputados restantes, repártense de modo proporcional á poboación que representa cada provincia.
De modo que o reparto final, que daría do seguinte xeito:  A Coruña elixe 24 diputados, Pontevedra, 22, Lugo, 15 e Orense, 14

De forma que o que se propoñía nesa reducción de deputados era eliminar o 20% deses 35 deputados que se elixen en función da poboación, co cal as provincias con menor poboación pasarían a ter un maior peso na composición do Parlamento (e imaxínome que ese sería o problema).

Espero que con este par de entradas desta semana, quede un pouco mais claro de como cal é a relación entre votos e escanos, porque fácil, o que é fácil, non o poñen para entender.

lunes, 22 de octubre de 2012

Así se reparten os escanos en España



Neste día despois dunhas eleccións, sempre asaltan as dúbidas e increméntanse as protestas de por qué parece que os votos de uns valen mais que os dos outros, cal é o motivo para que, por exemplo cen mil votos, supoñan cousas diferentes se son dun partido ou doutro.
Pois eso ben dado polo sistema de reparto de escanos que se sigue en España, e que creo que explica dunha forma entendible neste artículo.

http://cosaspracticas.lasprovincias.es/ley-hondt-sistema-reparto-escanos/

viernes, 28 de septiembre de 2012

Coidado co que mostras no Facebook



 
Todos os que aquí estades a ler o que eu escribo, sodes usuarios en maior ou menor medida de internet, e gran maioría estades dados de alta en páxinas de diversa índole (grupos de noticias, tendas online, foros...) onde para ser parte dese grupo de usuarios tendes que dar os vosos datos. Ata aquí... todo normal (como diría Iker Jiménez), esto levamos anos facendoo. Pero nun bo día irrumpen nas nosas vidas as redes socias, maioritariamente Facebook, e xa non solo revelamos os nosos datos persoais a unhas poucas empresas, senon que declaramos ó mundo o noso amor por certa persona, decimos onde estamos e con quen en cada momento, enseñamos a nosa cara, o local a onde saimos, unha foto na boda no noso primo de Cuenca...
 
Non somos conscientes da cantidade de información que vertemos na rede, e en que medida estamos desprotexidos ante tal destape que facemos da nosa vida e a nosa intimidade. Calquer persona con coñecementos informáticos (sin ser enxeñeiro nin moito menos) e cun pouco de habilidade e axilidade, podería estafarnos ou aproveitarse dos nosos punto débiles.
 
Senon... solo tendes que botar unha ollada a esta campaña a esta campaña belga en prol da seguridade en internet.
 
 

jueves, 13 de septiembre de 2012

VIDEO: A ver que me mete Paco. O curandeiro que todo o arregla.



Seguramente moitos de vos, depois de ver algún deses videos que colgan algúns rapaces mallándolle a outro ou meténdose ca xente maior, pensastes eso de .. "A este íalle sacar eu a tontería!"
Pois non vos preocupedes, xa non fai falta! Gracias ó curandeiro Paco e o seu método quitatonterías, todos estes casos teñen xa solucíon, e senon o cres... mira como as mete Paco.

jueves, 6 de septiembre de 2012

GANGNAM STYLE, o baile de moda en internet.


De todos é sabido que Xapón é un gran país exportador. Levamos anos nutríndonos de tecnoloxía ideada e fabricada neste país, que ten a bandeira igual que o cú dalgúnhas persoas. Cada vez son mais tamén os coches xaponeses que sen polas estradas do país, e incluso xa exportan a súa cultura, costumes, comida...
Pois ben, agora o que queren é rebentar internet, con este video que xa ten máis de 111 millóns de visitas... unha pasada!
Despois de anos de investigación meteron nunha batidora a Coyote Dax, Pitbull e unha gran dose de frikismo xaponés... e o reultado foi este, GANGNAM STYLE!



martes, 4 de septiembre de 2012

Vivamos coma corzos!


Hoxe remexendo entre os arquivos que teño esparexidos polo ordenador, atopei un texto que modificara con motivo da despedida do LAND ROBER na TVG, e deime conta de que era no anterior blog (o que me borraron) no que tiña publicado, así que hoxe apetéceme volver a feclo... pero xa neste novo.

"Hai quen di que os galegos somos morriñentos sen fronteiras, que separarnos dO Luar dóenos máis que a outros pobos. A explicación é difícil, é un sentimento,... máis que un sentimento.
Como lle explicas a alguén que non é galego o que se sente ao ser un corzo? O que se sente ao escoitar de viaxe:
"A cabeza non para!"
"Lo reviento!"
"Cacahuetes p'a los monos"
Que se sente cando es dunha terra onde a xente se pelexa por ir ó Plató 1000:
"Xa fai un ano que me apuntei, xa pensei que non me ibades chamar!"
Que se sente cando montas un sketch no que fas que Pilar Rubio se sorprenda co corcel do Sheriff Bill e solte un A B A
Aguanta Burro Aguanta
ou un M L P
Me Lo Papo
Como explicar o orgullo que sentimos ó ter un programa de máxima audiencia só cun pouco de humor. E iso si, o mellor showman da terra. Que se sente cando eres o elexido para xogar en "A media castaña"

Os galegos amamos a naturalidade, o auténtico:
"Para beber o viño hai xente, pero para dar o sulfato, polo carallo!"
e desagrádanos o artificial
"No esjarabelles con el mondadientes que es de mala educación".
Que se sente ó saber que cando decimos que comezamos ás 10, comezamos ás 10 e media, que se sente?.
É máis ca un sentimento, unha paixón que nace das grandes e das pequenas cousas. Unha paixón que vén dos chistes de Falete, dos lechujas, de Santa Comba e das verbenas, da familia; dos nosos.
Por iso desde hai tres anos gritamos todos xuntos. Por iso desde O Carballiño, Malpica, desde Lugo, desde A Estrada, cada un co seu motivo pero todos xuntos, cada un a súa maneira pero todos xuntos gritamos:

VIVAMOS COMO CORZOS!!!

Cada un destes gritos teñen un por que, con razón ou sen razón pero teñen un por que, por que o corazón ten motivos que a razón non entende:
por Fisherman!
por Touriñán!
por Eva e María!
pola Land Rober Band!
David Perdomo
por Manquiña!
por Roberto Vilar!
por todos e cada un dos que fan posible LAND ROBER.

Por mil anos máis
VIVINDO COMA CORZOS!!!"

jueves, 23 de agosto de 2012

VIDEO: Así se promociona unha concentración moteira.


Co tempo soleado e co verán, chegan as concentracións de motos, e con elas os carteles chamativos de grandes motos, con mulleres de infarto.
Algo que xa é típico dunha boa concentración (coma a do Ulla que se celebra nesta fin de semana) son os striptease e as exhibicións dalgún especialista facendo unha chea de filigranas cas duas rodas (ainda que agora tamén se estilan as catro do quad). Esto é algo que case que se repite bastante e case sempre son os mesmos (sobre todo o dos especialistas, porque mulleres hai moitas mais). Pero hoxe traiovos savia nova, un especialista listo para rachar ca pana... o que se chama un crack!

Así se promociona o próximo MotorFest na casa da collona...



miércoles, 8 de agosto de 2012

Entrevista a Marcos Magán en Santiago TV



Despois duns cuantos días por fin me dei feito co programa de edición de video para poder cortar e adaptar a grabación da entrevista de Marcos Magán en Santiago TV... con aparición estelar incluída no teléfono, jajajja.

viernes, 15 de junio de 2012

Kiko Rivera e Tavaré ... Pandereta Nation



Nesta actualización non vou a entrar a valorar o papel de dj que pode xogar Kiko Rivera, porque xa falei mais ou menos deste tama do famoseo noutra actualización e non me vou repetir. De todos modos, a culpa non é do suposto dj, senón dos que pagan unha entrada por ir a velo.

Hoxe apetecíame falar do novo tema de Kiko Rivera, "Victory", xa que o outro día vin o video no Youtube e quedei mais apirolado do que xa son.
Kiko Rivera Feat. David Tavare... xuntouse a fame cas ganas de comer... Pois ben, comeza o video...

Aparece un balón cos colores de España, e despois a estrela... Kiko Rivera!

Para toda esa gente que piensa
que los sueños son solo sueños,
no te rindas, sigue tu camino,
la victoria está cerca
tú puedes hacerlo,
   (unhas frases dignas de estado do Facebook ou dunha cadena de mail)
E a última frase deste párrafo ten unha connotación especial, ten 4 palabras das que duas son en inglés (si si, dúas)
España: Just say Olé! (Pois non hubo cojones a que pronuciara ben a frase... "yo se" dixo o tipo... sabes oh!)

Coidado que sale o Tavaré a cantar (outro que se luce de carallo), non sei se é que estaba estreñido ese día ou é que pensa que está a cantar unha balada para poñer esa cara de intensidade...

El juego ya va a empezar
y todo el mundo se para a mirar,
con ganas y voluntad
todos tus sueños se harán realidad.

Campeones del mundo
the champs of the world
levanta la mano y canta Olé.
Campeones del mundo
the champs of the world,
together we'll make
just say Olé

Unha calidade letrística de escándalo... e ¿que me decides de "Campones del mundo, the champs of the world"? Eso é para arrasar nas listas de yukei, yermani, nederlans y oder países. Exitazo internacional!

Logo outro detalle... os aplaudidores que teñen Kiko e o de HMYV (non recordo o nome) ¿non eran os que daban co MARCA? Bueno, non sei... sónanme e non sei de que.

Outro pedazo de letra...

Hoy vamos a luchar
por una otra estrella,
  (¿alguén lle atopa sentido/significado a esta frase?)
por la eternidad.
Hoy vamos a ganar
para celebrar nuestra inmortalidad.
(todo poesía...)


Para que non todo sean golpes, non vaia ser que pensedes que teño algo en contra da canción, decir que despois de toda esta cantidade de despropósitos aparece o único medianamente decente do tema... un negro/mulato/oucomollequeiradeschamar rapeando...

La ilusión va a comenzar,
el partido va a empezar,
vamos a muerte a reír y a llorar
y todos juntos apoyando al equipo
venga dale duro y que sigamos invictos.
Un corazón, una nación
y ruge la afición porque ha marcado un gol,
ser campeón, vamos arriba guerrero
porque tenemos que ser los primeros.


Supoño que este párrafo é da cosecha de quen o canta, e non da mesma persona que fixo o resto da canción, porque polo menos a letra ten algo de sentido tendo en conta do que trata o tema. Como digo para min o único salvable do tema... e o nome deste rapaz non aparece no tema por ningures!! Co cal sigo sen saber como chamalo.

Vamos... que é unha pena que simplemente por aproveitar o tirón da Eurocopa, se saque un tema dunha calidade tan ínfima (porque temas malos xa hai moitos) e o mais penoso é que terá un éxito brutal... merda de país!!


martes, 12 de junio de 2012

Cañita Brava pon cifra á crisis


Que vivimos tempos económicamente moi complicados, é algo xa sabido por todos. Pero o que ninguén sabe é poñerlle cifras a esta crisi que estamos a vivir. Que si hai que rescatar a Bankia por 10mil millóns, que si 15mil, 40mil... agora a UE da un crédito de ata 100mil... vamos que nin idea teñen...
Pero nesto chegou Cañita Brava, un home de a pé, que canta claro, ó que todo o mundo entende, e que ten a amabilidade de atender semanalmente ó programa "Vaya V" de V Televisión, desde o seu rincón, para culturizar ás masas.

Despois deste video, xa nunca mais teredes dúbidas de cantos cartos necesita o Estado para sair desta carallada na que andamos metidos.





GRACIAS CAÑITA!!!

miércoles, 6 de junio de 2012

Dj Goro volve a Disco Tonos (Boiro)



Xa case me olvidara de que existía este blog! jajajaja.
A verdade é que últimamente a preguiza me persigue, pero este feito non podía quedar sen a súa correspondente actualización e publicidade.
Este sábado Dj Goro volve por unha noite á Discoteca Tonos de Boiro, cabina na que residíu durante unha boa tempada (con esto non quero decir que durmira alí coma se fose un sin teito eh!, que vos logo vos perdedes) alá a comezos deste século.

Para os que non vivistes aquela época ou non tivestes a ooprtunidade de asistir nunca a lagunha das súas sesións (tanto de forma individual coma con Christian Soniko) esta é unha oportunidade inmellorable e da que non ides sair decepcionados. Os que xa o coñecedes... nda vos teño que decir, porque xa está todo dito, ¿ou non?


http://www.djgoro.com/web/


Leva "MEDIA VIDA" nas cabinas e a mellor proba do que ides (imos) vivir ...

jueves, 3 de mayo de 2012

Sesión Maio'12 de Galicia Hands Up!


Despois dunha chea de tempo sen facer actualizacións que falasen de sesións, parece que ó se achegar o verán (que non o bo tempo) vai apetecendo mais facelo. E se hai alguén que fai sesións con ritmo e con moi bo rollo, eses son a xente de Galicia Hands Up que xa teñen na súa web o link de descarga da sesión que corresponde a este mes.
¿Que eu podía poñérvolo aquí? Pois si, pero é que se o fago, non visitades a súa casa no ciberpacio, e merece a pena facerlle unha visitiña... pero tranquilos que xa vos levo eu dereitiños alí:

viernes, 27 de abril de 2012

VIDEO: Os rumanos (e as rumanas) chegan para quedarse.


Os que sexades seguidires da música de baile, xa vos dariades conta que últimamente está a  aparecer moita música chegada de Rumanía; desde Inna foi un non parar de temas rumanos, sobre todo porque neles usan moito ó español. Pois non contentos con copar o mercado dance, tamén empezan a querer facer o mesmo cos ritmos mais latinos e pachangas. Se ó final o de que houbera tanto rumano pola rúa, non era casualidade... Quérennos invadir! XD

Pois parece ser que en Rumanía picáronse con Brasil e pensaron... se estes triunfan co chechechere, despois funciona o tacatatacata... pois nos sacamos o rucutu tacatapu e listos..que temble Gustavo Lima que veñen os rumanos a invadir o mercado musical.
O tema xa ten uns cuantos meses, pero eu descubrino esta semana...¿ que lle queredes?

Mirade e opinade.

jueves, 26 de abril de 2012

NOVO VIDEO: Juan Magan e Don Omar (Actualizado)


O tema xa non é novo, pero parece que ó video lle levou tempo facer a dixestión. Pero xa está aquí ó fin "Ella no sigue modas" na versión de Juan Magán e Don Omar, que ademais preséntase coma o primeiro single do album 'Juan Magan: The King Of Dance', que se lanzará nun par de semanas.



miércoles, 25 de abril de 2012

NOVO VIDEO: Pitbull pon a banda sonora de MIB 3


Este home non para! Esta vez para poñerlle sonido á nova entrega de Men in Black, que xa vai pola súa terceira parte (que gusto lle colleron estes americanos ós extraterrestres). "Back in time" é un tema con moitos toques de guitarra que por momentos sona a peli de Tarantino. A min tenme namorado o tema, a ver que pensades vos.


Visita o noso Facebook FB/cheocheo.puntocom

jueves, 19 de abril de 2012

Alguen ve labios que non son da boca



Un dos videoclips mais divertidos, sinxelos , que sube a temperatura (sobre todo para os de termómetro fácil) e cun ritmo fresco e pegadizo é o "Mama Lover" do grupo Serebro. Pois estas tres mulleres, Daniela Blume, Venus e LM, que con Uri Sabat fan o programa de radio "Ponte a prueba" en Europa FM, quixeron facer a súa propia versión e esto é o que saleu.
Salientar que cando o vin e me puxen a ler os comentarios, fíxome gracia un que dicía que se vían labios... e non eran da boca XDD.

Bueno... ahí vos queda.

lunes, 16 de abril de 2012

Juana, a bicicleta de Lugo (Audio)



Gracias a Manolo do Atlético esta mañán descubrín que o meu destino está en Lugo, dando pedal.
Aquí vos deixo un extracto do programa "Hablar por hablar" (canto ben fai este programa á humanidade, jajaja) donde unha rapaza explica o seu problema de ninfomanía... digno de escoitar.

Como me recorda esto ó "Pastor alemán" dos Heredeiros da Crus...


miércoles, 11 de abril de 2012

Set Radio Lider en Discoteca Xata (Caldas de Reis)



Xa non recordo cando foi a derradeira actualización que fixen. Estoume apatronando...
Bueno, o caso é que hoxe vos traio un bo plan para esta fin de semana. O planazo está en Caldas de Reis, na Discoteca Xata.
O venres, Xata ofrécenos un set musical cos locutores de Radio Lider, donde pincharán os temas que mais sonan. Os que gustan mais do latino terán a sua ración con Manu López, e o mais danceros terán o seu tempo con Marcos Magán.
Pero a cousa non remata ahí, senon que ó día seguinte, tamén desde Radio Lider, chegará Dj Charlie ca sús versión do Italian Style para as pistas de baile.

A verdade, é que algo que podería parecer normal, como son unhas sesións de djs, estase a converter nun ben escaso nas nosas discotecas. Entre tanto GH, MHYV, SV e demais animalario que vive no TeleCirco, os locales estanse a convertir en estudios fotográficos, donde ven unha xente para facerse fotos con eles... pois vaia mérito do carallo!
E por eso mesmo quixen destacar estas dúas actuacións, porque está ben que ainda que solo sexa de vez en cando, estas sesións existan, cando menos para xustificar o nome de "discoteca".

Pois o dito, espero que apoiedes estas dúas festas, e agradecer a Xata (Caldas de Reis) que tivesen a iniciativa de facelas.

viernes, 23 de marzo de 2012

Cris-tal gra-tui-to (Disco chino)


Desde hace unos días, este spot publicitario de Visionlab inunda nuestras televisiones. El otro día lo vi por primera vez y me dije... esta canción se me hace conocida... y pensando y repensando... ya está, el tema es de "Enrique y Ana", que para quien no los conozca era un dúo de música infantil de finales de los 70, princicpios de los 80. Si buscais alguna foto en google... puede que os suene la cara de uno de ellos (si sois incondicionales de T5, claro).

Luego, venía el segundo problema: ¿Como se llamaba el dichoso tema? La solución... como siempre la aporta San Google, acompañado por las pruebas videográficas del Apostol Youtube "Super disco Chino"


Gratu, gratu, ito, ito, cris-tal, gra-tui-to XDD

jueves, 15 de marzo de 2012

Fernando Alonso estrena Facebook y twitter.



Pués a escasas horas del inicio de la temporada 2012 de F1, nos enteramos que Fernando ALonso estrena Facebook https://www.facebook.com/FernandoAlonsoOficial , que se suma al twitter que ha abierto hace unos días @alo_oficial , lo que es toda una noticia, ya que no el de las redes sociales era un mundo al que se resistía hasta ahora.

Así que a partir de ahoy ya podrás estar enterado al instante y de primera mano de todas cuantas noticias haya sobre él y su equipo.

jueves, 2 de febrero de 2012

Como los sueldos de los políticos podrían dar de comer a mucha gente



El otro día estuve charlando con un amigo sobre los despilfarros de nuestros políticos, y sus aires de grandeza usando fondos públicos. Luego llegué a casa... y meditando sobre ello, se me ocurrió una cosa ...
Cuando oímos hablar de los sueldos de los políticos, siempre acabamos escandalizados de las cifras que se manejan teniendo en cuenta que los comedores sociales se están llenado de familias sin recursos para comer. Entoces digo yo... ¿qué pasaría si cada parlamentario/senador/concejal renunciase a 100€ de su sueldo? Claro está que quizás un concejal de Villapollo de Arriba no cobra lo mismo que un senador, por ejemplo, pero pongamos esa cifra única simplemente como ejemplo.

Luego me asaltó la duda... ¿Cuantos hay en España? Tenemos parlamentarios en todas las comunidades, concejales en todos los pueblos, etc...
Pués como información deciros que hay más de 1700 parlamentarios/senadores y más 68000 concejales. Sumando las cifras concretas, salen más de 70.000!!!

O sea, que contad conmigo...

70000 x 100€ = 7.000.000 de euros al mes x 12 meses =

84.000.000 € al año!!! (con esto come mucha gente)

Bien, con esta cifra no vamos a salir de la crisis... muy cierto, pero si este dinero se destinase a comedores sociales, a organizaciones de las que últimamente están desbordadas ante la demanda de lo más básico... la comida, seguramente todo esto sería mucho más llevadero para mucha gente y acercarían un poco más a la gente a nuestros dirigentes.
Esto es solo una parte, ya que no hablemos de altos cargos o complementos salariales desorbitados...

En mi pueblo, por ejemplo hay 21 concejales, lo que daría 25.200 euros anuales... estoy convencido que Cáritas (que es la única que conozco en el pueblo) estaría encantadísima de recibir esa cifra en vales de compra para supermercados del pueblo (lo que también recalaría en dinero para comerciantes locales).

Ahora aplicad esto al vuestro pueblo o ciudad...

martes, 31 de enero de 2012

O baile de "E o pitinho piu"


Se na anterior entrada falaba da canción "E o pitinho piu"... internet é unha mina, e sempre hai quen lle da unha voltiña mais.
Se ca canción e a interpretación me rin moito... con este baile, case me deshidrato de tanta lágrima que botei. Xa estou vendo á Panorama, incluindo o tema e o baile no seu repertorio do 2012...

miércoles, 25 de enero de 2012

E o pitinho piu


Xa sabemos que a rede está chea de cousas: unhas malas, outras boas, e otras ainda mellores. Pois onte nun Facebook, atopei unha desas cousas que están nesta última categoría.
O video é grabado por este pequeno brasileiro, Dheymerson (creo que se chama), no que parece ser unha tenda de electrodomésticos, facendo o playback da canción "E o pitinho piu"... que temble Michel Teló!! XDD




martes, 24 de enero de 2012

Entrevista a Marcos Magán en La voz de Galicia



O outro día escoitando Radio Lider, concretamente o programa matutino de Marcos Magán, entereime que saía en La Voz de Galicia unha entrevista ó propio Marcos. Como o venres tiven un día un pouco ocupado non puiden comprar o periódico, así que ó día seguinte intententei buscalo na web do periódico... e foi imposible xa que da error de forma continuada.
Hoxe, no bar onde tomo o café cada día preguntei polo periódico do venres... e aínda o tiñan, así que quedeime ca folla, e pensei..." Seguro que hai moita xente co meu mesmo problema" Así que, esperando que a xente de La Voz de Galicia non me berren por copiarlle a entrevista, aquí vos queda:

Eu creo que é unha entrevista, que a pesar de ser curta, di moitas cousas interesantes e derriba algúns mitos. Opinade vos.


El vinilo es arqueología en las discotecas del siglo XXI. Pero estos grandes templos del ocio sobreviven en un país disgregado en parroquias que acostumbran a juntarse en la festa rachada del fin de semana. Han cambiado las maneras, no el concepto. "A veces -dice-, los chavales me preguntan. Oye ¿tú pinchabas con esos cedés grandes y negros? No saben lo que era un disco".
Al margen de formatos, a Marcos Magán Taboada (A Estrada, 1976), que prefiere considerarse disyóquey a pinchadiscos, le va en el sueldo ser el alma de la discoteca.

- No ha cambiado poco su profesión...
- En el año noventa, un cien por cien de la música venía en un maxisingle de vinilo; en el 2000, un ochenta por ciento, y a día de hoy, en vinilo quedan cuatro puristas. Y el cedé también se va acabando, ahora casi todo es MP3 que se almacena en discos duros, tarjetas, lápices de memoria...

-¿Por qué se puso a pinchar? ¿Bailaba mal acaso?
- Empecé en el 94 en la mítica Lennon, de A Estrada. Quizás algún día que fui con la novia y me hizo menos caso, me puse detrás de la cabina y me gustó lo que vi.

-¿Hay un secreto para hacer que la gente se mueva?
- Ponerte a la altura del cliente. Hay mucho divismo, mucho disyóquey que dice que quiere "culturizar" a la gente, y a la gente no hay que culturizarla. Si al público le gusta un estilo, tira por ahí. Para mí todos son igual de válidos; unos serán menos comerciales, otros menos, pero toda la música es buena de raíz. Yo le digo a los que empiezan que mezclen siempre mirando a la pista. Si la gente se para, cambia.

- ¿Donde pincha?
- En las discotecas del grupo Palladium, en Cactus, en Vila de Cruces, o me verás haciendo giras por ahí. El año pasado estuve promocionado el último disco por fuera. Es un cover, una versión de Maná aplicada a discotecas.  Mucha gente jovencita incluso se creía que las letras de Maná eran mías. Tuvimos mucha suerte, fue sintonía de un programa de televisión y pegó mucho; es lo que tiene la televisión.

-¿La gente va a la discoteca a escuchar a un disyóquey concreto?
- Cuando tienes cierto nivel de popularidad, sí, sobre todo en círculos más específicos, tecno, house... Se pagan entradas potentes por ver a gente como Christian Varela. Juan Magán ha sido un fenómeno masivo, una locura...

-¿Son familia?
-[Se ríe] Hacemos un tipo de música muy parecido y actuamos juntos en muchas ocasiones. Coinciden el apellido y la profesión. A los que preguntan les respondemos: "Vamos a dejarlo ahí". Yo soy el Magán pobre [se ríe].

-En Galicia siempre fuimos mucho de macrodiscoteca...
- Han ido cambiando. Xanadú es hoy Palladium. Chanteclair desapareció y ha vuelto, Ramallosa 2000 es increible, te mete 3.000 personas un domingo por la tarde. Queen en Mos, sigue funcionando, la Lennon tuvo su momento, Dona-Dana, en Touro... Discotecas para tres o cuatro mil personas. Cuando empecé a hacer giras llegaba a Madrid pensando que las discotecas de allí eran increibles. Y me di cuenta que las increibles estaban aquí.

-¿Vive de esto?
- Yo sí, pero en toda Galicia que podamos vivir única y exclusivamente de poner música somos muy poquitos.

-Siempre me he preguntado quién será el que marca el estilo de bailar en la disco...
- Yo me lo pregunto muchas veces. En los noventa se bailaba de una manera, en el 2000 de otra y ahora de otra diferente. No se quién lo marca, pero el cambio de época se nota tanto en la música como en el baile.

-¿Se liga o es un mito?
- Es más fácil que antes. En mi generación había que engañar más a las chicas, prometerles amor eterno. Ahora son ellas las que toman la iniciativa, ellos se dejan llevar.


NACHO MIRÁS FOLE  nacho.miras@lavoz.es

sábado, 14 de enero de 2012

Recolle tapóns para Paula


Esta é a miña primeiro post "real" neste novo blog, e faime moitísima ilusión que o tema sexa este.
Moitos de vos ó ver a imaxe, xa saberedes de que vai esto, pero para os que non... fágovos unha brevísima introdución.
Paula é unha rapaciña de 4 anos, que ten unha desas enfermidades raras, agnesia sacra, e para o seu tratamento seus pais tivéronse que trasladar a Alemania, con todo o que eso conleva económicamente. A zona do Barbanza volcouse con esta pequena veciña e levan moitas semanas realizando diferentes actos no seu beneficio: concertos, festivais, postres, próximamente haberá unha subasta cunha chea de agasallos enviados por deportistas, presentadores, cantantes... unha verdadeira cantidade de cousas.
O caso, é que ademais de facer aportacións económicas nunha conta corrente, tamén podemos facer a nosa aportación con algo tan fácil como recoller tapóns de plástico, e depósitalos nalgún dos contenedores dos lugares que nesta dirección se mostran http://g.co/maps/wq5cf , e a noticia que me fai especial ilusión é que xa podo anunciar que en A Estrada, haberá 3 novos contenedores onde poder depositar os tapóns:

- Supermercado Froiz
- Servicio Ponte Liñares (Gasolinera GALP)
- A Santiaguesa

+info: http://www.ayudaapaula.com/ para coñecer mais sobre o seu caso
FB: http://www.facebook.com/PaulaNecesitaAyuda para estar ó tanto das últimas novidades, actos, agasallos para a subasta.


Agradecer tanto a nova, coma os novos contenedores a Dani, e a Eva Rivero por movilizar a todo o país.

viernes, 13 de enero de 2012

Empezamos de novo.


Hoxe comezo este blog... porque alguna persona (RaVioSa) estou tocando o carallo ata que consigueu que mo eliminaran... non pasa nada, son gratis e eu teño tempo.
Así que aprtir de hoxe aquí me atoparedes, solo sinto lástima ter perdido as entradas anteriores... pero bueno, o mesmo da que da o mesmo.