martes, 30 de octubre de 2012

O video de Rafa Mora


Os que de vez en cando tendes a ben, de ler o que este mangante escribe, xa sabedes que eu son moi crítico con este tipo de festas de tronistas, grandesbroders e concursantes variados. Non porque non queira que esta xente gañe cartos a costa de quen os queira pagar (un negocio coma outro calquera), senon porque creo que o término DISCOTECA, debería de implicar que os shows que un se pode atopar deberían de ser distintos a convertir o local nun estudo de fotografía.
Pero como sobre este tema xa falei nalgunha outra ocasión, non vou en principio en incidir mais nel.

O caso é que onte me atopei cun videoclip que narra un pouco a vida desta xente, de feito fala de un dos tronistas de maior éxito, e de como levan unha vida de estrelas de cine sen pegar pao, simplemente polo feito de ser guap@s.

Eu creo que o video non necesita ningún tipo de explicación... é meridianamente claro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario