viernes, 28 de septiembre de 2012

Coidado co que mostras no Facebook



 
Todos os que aquí estades a ler o que eu escribo, sodes usuarios en maior ou menor medida de internet, e gran maioría estades dados de alta en páxinas de diversa índole (grupos de noticias, tendas online, foros...) onde para ser parte dese grupo de usuarios tendes que dar os vosos datos. Ata aquí... todo normal (como diría Iker Jiménez), esto levamos anos facendoo. Pero nun bo día irrumpen nas nosas vidas as redes socias, maioritariamente Facebook, e xa non solo revelamos os nosos datos persoais a unhas poucas empresas, senon que declaramos ó mundo o noso amor por certa persona, decimos onde estamos e con quen en cada momento, enseñamos a nosa cara, o local a onde saimos, unha foto na boda no noso primo de Cuenca...
 
Non somos conscientes da cantidade de información que vertemos na rede, e en que medida estamos desprotexidos ante tal destape que facemos da nosa vida e a nosa intimidade. Calquer persona con coñecementos informáticos (sin ser enxeñeiro nin moito menos) e cun pouco de habilidade e axilidade, podería estafarnos ou aproveitarse dos nosos punto débiles.
 
Senon... solo tendes que botar unha ollada a esta campaña a esta campaña belga en prol da seguridade en internet.
 
 

jueves, 13 de septiembre de 2012

VIDEO: A ver que me mete Paco. O curandeiro que todo o arregla.



Seguramente moitos de vos, depois de ver algún deses videos que colgan algúns rapaces mallándolle a outro ou meténdose ca xente maior, pensastes eso de .. "A este íalle sacar eu a tontería!"
Pois non vos preocupedes, xa non fai falta! Gracias ó curandeiro Paco e o seu método quitatonterías, todos estes casos teñen xa solucíon, e senon o cres... mira como as mete Paco.

jueves, 6 de septiembre de 2012

GANGNAM STYLE, o baile de moda en internet.


De todos é sabido que Xapón é un gran país exportador. Levamos anos nutríndonos de tecnoloxía ideada e fabricada neste país, que ten a bandeira igual que o cú dalgúnhas persoas. Cada vez son mais tamén os coches xaponeses que sen polas estradas do país, e incluso xa exportan a súa cultura, costumes, comida...
Pois ben, agora o que queren é rebentar internet, con este video que xa ten máis de 111 millóns de visitas... unha pasada!
Despois de anos de investigación meteron nunha batidora a Coyote Dax, Pitbull e unha gran dose de frikismo xaponés... e o reultado foi este, GANGNAM STYLE!



martes, 4 de septiembre de 2012

Vivamos coma corzos!


Hoxe remexendo entre os arquivos que teño esparexidos polo ordenador, atopei un texto que modificara con motivo da despedida do LAND ROBER na TVG, e deime conta de que era no anterior blog (o que me borraron) no que tiña publicado, así que hoxe apetéceme volver a feclo... pero xa neste novo.

"Hai quen di que os galegos somos morriñentos sen fronteiras, que separarnos dO Luar dóenos máis que a outros pobos. A explicación é difícil, é un sentimento,... máis que un sentimento.
Como lle explicas a alguén que non é galego o que se sente ao ser un corzo? O que se sente ao escoitar de viaxe:
"A cabeza non para!"
"Lo reviento!"
"Cacahuetes p'a los monos"
Que se sente cando es dunha terra onde a xente se pelexa por ir ó Plató 1000:
"Xa fai un ano que me apuntei, xa pensei que non me ibades chamar!"
Que se sente cando montas un sketch no que fas que Pilar Rubio se sorprenda co corcel do Sheriff Bill e solte un A B A
Aguanta Burro Aguanta
ou un M L P
Me Lo Papo
Como explicar o orgullo que sentimos ó ter un programa de máxima audiencia só cun pouco de humor. E iso si, o mellor showman da terra. Que se sente cando eres o elexido para xogar en "A media castaña"

Os galegos amamos a naturalidade, o auténtico:
"Para beber o viño hai xente, pero para dar o sulfato, polo carallo!"
e desagrádanos o artificial
"No esjarabelles con el mondadientes que es de mala educación".
Que se sente ó saber que cando decimos que comezamos ás 10, comezamos ás 10 e media, que se sente?.
É máis ca un sentimento, unha paixón que nace das grandes e das pequenas cousas. Unha paixón que vén dos chistes de Falete, dos lechujas, de Santa Comba e das verbenas, da familia; dos nosos.
Por iso desde hai tres anos gritamos todos xuntos. Por iso desde O Carballiño, Malpica, desde Lugo, desde A Estrada, cada un co seu motivo pero todos xuntos, cada un a súa maneira pero todos xuntos gritamos:

VIVAMOS COMO CORZOS!!!

Cada un destes gritos teñen un por que, con razón ou sen razón pero teñen un por que, por que o corazón ten motivos que a razón non entende:
por Fisherman!
por Touriñán!
por Eva e María!
pola Land Rober Band!
David Perdomo
por Manquiña!
por Roberto Vilar!
por todos e cada un dos que fan posible LAND ROBER.

Por mil anos máis
VIVINDO COMA CORZOS!!!"