martes, 30 de octubre de 2012

O video de Rafa Mora


Os que de vez en cando tendes a ben, de ler o que este mangante escribe, xa sabedes que eu son moi crítico con este tipo de festas de tronistas, grandesbroders e concursantes variados. Non porque non queira que esta xente gañe cartos a costa de quen os queira pagar (un negocio coma outro calquera), senon porque creo que o término DISCOTECA, debería de implicar que os shows que un se pode atopar deberían de ser distintos a convertir o local nun estudo de fotografía.
Pero como sobre este tema xa falei nalgunha outra ocasión, non vou en principio en incidir mais nel.

O caso é que onte me atopei cun videoclip que narra un pouco a vida desta xente, de feito fala de un dos tronistas de maior éxito, e de como levan unha vida de estrelas de cine sen pegar pao, simplemente polo feito de ser guap@s.

Eu creo que o video non necesita ningún tipo de explicación... é meridianamente claro.

miércoles, 24 de octubre de 2012

Como se reparten os escanos por provincias

IMAXE: http://www.elidealgallego.com


Despois de intentar explicar como se fai o reparto de escanos en España na entrada anterior, http://cheocheopuntocom.blogspot.com.es/2012/10/asi-se-reparten-os-escanos-en-espana.html hoxe vou intentar despexar outra dúbida acerca de como se reparten en Galicia os escanos por provincias.

É recente a polémica que levantou Alberto Nuñez Feijoo, cando propuxo o reducir o número de deputados no Parlamento galego, xa que os grupos da oposición acusábano de que ese cambio favorecería ó PP, e eu, que nas palabras dos políticos de un e outro bando teño be poca fe, intentei buscar como se facía este reparto entre provincias e cal era este motivo que decía a oposición.

Pois ben, en Galicia elíxense 75 deputados en total, cifra que quedou establecida nuha lei electoral do ano 85, e faise da seguinte maneira: Hai unha parte fixa, que son 10 deputados por provincia, deste modo asegúrase que tódalas provincias teñan un mínimo de reprentación, e os outros 35 deputados restantes, repártense de modo proporcional á poboación que representa cada provincia.
De modo que o reparto final, que daría do seguinte xeito:  A Coruña elixe 24 diputados, Pontevedra, 22, Lugo, 15 e Orense, 14

De forma que o que se propoñía nesa reducción de deputados era eliminar o 20% deses 35 deputados que se elixen en función da poboación, co cal as provincias con menor poboación pasarían a ter un maior peso na composición do Parlamento (e imaxínome que ese sería o problema).

Espero que con este par de entradas desta semana, quede un pouco mais claro de como cal é a relación entre votos e escanos, porque fácil, o que é fácil, non o poñen para entender.

lunes, 22 de octubre de 2012

Así se reparten os escanos en España



Neste día despois dunhas eleccións, sempre asaltan as dúbidas e increméntanse as protestas de por qué parece que os votos de uns valen mais que os dos outros, cal é o motivo para que, por exemplo cen mil votos, supoñan cousas diferentes se son dun partido ou doutro.
Pois eso ben dado polo sistema de reparto de escanos que se sigue en España, e que creo que explica dunha forma entendible neste artículo.

http://cosaspracticas.lasprovincias.es/ley-hondt-sistema-reparto-escanos/