Mostrando entradas con la etiqueta videoclip. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta videoclip. Mostrar todas las entradas

martes, 19 de marzo de 2013

Outro pelotazo de Pitbull en video



 

Uns meses atrás, escoitei este temazo, e desde ese día levo esperando a que saise o video, especulando como podería ser. Un tema coma este, con Pitbull (un dos intérpretes/rapeiros/oucomollequeiraschamar con mais éxito na actualidade), unha voz coma a de Christina Aguilera e un sample tan coñecido coma o de "Take on me" (tema que me encantaba cando estaba en idade de ver "David el Gnomo") merecía que a representación en imaxes, estivese á súa altura.

Pois ben, o concepto que tiña eu na miña cabeza non ten nada que ver con esto (por outro lado non é nada raro) pero certamente... me gusta. A pesar de que moitos quizais pensedes que a música que fai este tío é unha merda, o certo é que arrasa con todo o que fai, rodéase moi ben e sempre fai uns temas que imprimen moi bo rollo e moita festa. Tamén destacar, que ademais de ter algunhas frases vanais, tamén se marca algunha rapeada con mensaxes dignas de escoitar.

Pitbull, guste ou non, creou un estilo e abreu unha nova porta para rapeiros e outras "raras avis" da escena musical. Co seu traxe de Zara, as gafas da feira e o deu "Dale!" revolucionou o panorama musical a base de colaboracións con grandes profesionais.

Bueno, despois de todo ese rollo, vos deixo o vídeo de "Feel this moment"

martes, 30 de octubre de 2012

O video de Rafa Mora


Os que de vez en cando tendes a ben, de ler o que este mangante escribe, xa sabedes que eu son moi crítico con este tipo de festas de tronistas, grandesbroders e concursantes variados. Non porque non queira que esta xente gañe cartos a costa de quen os queira pagar (un negocio coma outro calquera), senon porque creo que o término DISCOTECA, debería de implicar que os shows que un se pode atopar deberían de ser distintos a convertir o local nun estudo de fotografía.
Pero como sobre este tema xa falei nalgunha outra ocasión, non vou en principio en incidir mais nel.

O caso é que onte me atopei cun videoclip que narra un pouco a vida desta xente, de feito fala de un dos tronistas de maior éxito, e de como levan unha vida de estrelas de cine sen pegar pao, simplemente polo feito de ser guap@s.

Eu creo que o video non necesita ningún tipo de explicación... é meridianamente claro.

jueves, 6 de septiembre de 2012

GANGNAM STYLE, o baile de moda en internet.


De todos é sabido que Xapón é un gran país exportador. Levamos anos nutríndonos de tecnoloxía ideada e fabricada neste país, que ten a bandeira igual que o cú dalgúnhas persoas. Cada vez son mais tamén os coches xaponeses que sen polas estradas do país, e incluso xa exportan a súa cultura, costumes, comida...
Pois ben, agora o que queren é rebentar internet, con este video que xa ten máis de 111 millóns de visitas... unha pasada!
Despois de anos de investigación meteron nunha batidora a Coyote Dax, Pitbull e unha gran dose de frikismo xaponés... e o reultado foi este, GANGNAM STYLE!



jueves, 26 de abril de 2012

NOVO VIDEO: Juan Magan e Don Omar (Actualizado)


O tema xa non é novo, pero parece que ó video lle levou tempo facer a dixestión. Pero xa está aquí ó fin "Ella no sigue modas" na versión de Juan Magán e Don Omar, que ademais preséntase coma o primeiro single do album 'Juan Magan: The King Of Dance', que se lanzará nun par de semanas.