Mostrando entradas con la etiqueta dj. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta dj. Mostrar todas las entradas

miércoles, 9 de enero de 2013

Paquirrin dale al SYNC


Despois dunha chea de tempo, volvo actualizar este santo blog, e hoxe para mostrarvos un video que atopei no muro de Facebook do meu benquerido Jordi Carreras.
Como xa sabedes, son moi pouco amigo de que se programen festas nas discotecas con personaxes de moda da tele, simplemente porque creo que non aportan nada, ainda que ben é certo que ó final dan rendabilidade económica, que é o que buscan os empresarios... pero non me vou volver meter neste tema, porque arranco e non paro.

O caso é que despois de que Kiko Rivera se metera a amago de dj, agora quere seguirlle os pasos Rafa Mora... é un dos inconvenientes que ten a revolución tecnolóxica; agora calquera pode cadrar os temas apretando un botón... ata eu, que son bastante inútil.

Pois como vos ía decindo, hoxe atopei o video este, que fai unha pequena parodia moi ilustrativa sobre o tema.

O mellor... o tema do final! jajajaja

Vamos Paquirrín, dale al SYNC!







jueves, 3 de mayo de 2012

Sesión Maio'12 de Galicia Hands Up!


Despois dunha chea de tempo sen facer actualizacións que falasen de sesións, parece que ó se achegar o verán (que non o bo tempo) vai apetecendo mais facelo. E se hai alguén que fai sesións con ritmo e con moi bo rollo, eses son a xente de Galicia Hands Up que xa teñen na súa web o link de descarga da sesión que corresponde a este mes.
¿Que eu podía poñérvolo aquí? Pois si, pero é que se o fago, non visitades a súa casa no ciberpacio, e merece a pena facerlle unha visitiña... pero tranquilos que xa vos levo eu dereitiños alí:

miércoles, 11 de abril de 2012

Set Radio Lider en Discoteca Xata (Caldas de Reis)



Xa non recordo cando foi a derradeira actualización que fixen. Estoume apatronando...
Bueno, o caso é que hoxe vos traio un bo plan para esta fin de semana. O planazo está en Caldas de Reis, na Discoteca Xata.
O venres, Xata ofrécenos un set musical cos locutores de Radio Lider, donde pincharán os temas que mais sonan. Os que gustan mais do latino terán a sua ración con Manu López, e o mais danceros terán o seu tempo con Marcos Magán.
Pero a cousa non remata ahí, senon que ó día seguinte, tamén desde Radio Lider, chegará Dj Charlie ca sús versión do Italian Style para as pistas de baile.

A verdade, é que algo que podería parecer normal, como son unhas sesións de djs, estase a converter nun ben escaso nas nosas discotecas. Entre tanto GH, MHYV, SV e demais animalario que vive no TeleCirco, os locales estanse a convertir en estudios fotográficos, donde ven unha xente para facerse fotos con eles... pois vaia mérito do carallo!
E por eso mesmo quixen destacar estas dúas actuacións, porque está ben que ainda que solo sexa de vez en cando, estas sesións existan, cando menos para xustificar o nome de "discoteca".

Pois o dito, espero que apoiedes estas dúas festas, e agradecer a Xata (Caldas de Reis) que tivesen a iniciativa de facelas.