viernes, 28 de septiembre de 2012

Coidado co que mostras no Facebook



 
Todos os que aquí estades a ler o que eu escribo, sodes usuarios en maior ou menor medida de internet, e gran maioría estades dados de alta en páxinas de diversa índole (grupos de noticias, tendas online, foros...) onde para ser parte dese grupo de usuarios tendes que dar os vosos datos. Ata aquí... todo normal (como diría Iker Jiménez), esto levamos anos facendoo. Pero nun bo día irrumpen nas nosas vidas as redes socias, maioritariamente Facebook, e xa non solo revelamos os nosos datos persoais a unhas poucas empresas, senon que declaramos ó mundo o noso amor por certa persona, decimos onde estamos e con quen en cada momento, enseñamos a nosa cara, o local a onde saimos, unha foto na boda no noso primo de Cuenca...
 
Non somos conscientes da cantidade de información que vertemos na rede, e en que medida estamos desprotexidos ante tal destape que facemos da nosa vida e a nosa intimidade. Calquer persona con coñecementos informáticos (sin ser enxeñeiro nin moito menos) e cun pouco de habilidade e axilidade, podería estafarnos ou aproveitarse dos nosos punto débiles.
 
Senon... solo tendes que botar unha ollada a esta campaña a esta campaña belga en prol da seguridade en internet.
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario