viernes, 28 de septiembre de 2012

Coidado co que mostras no Facebook



 
Todos os que aquí estades a ler o que eu escribo, sodes usuarios en maior ou menor medida de internet, e gran maioría estades dados de alta en páxinas de diversa índole (grupos de noticias, tendas online, foros...) onde para ser parte dese grupo de usuarios tendes que dar os vosos datos. Ata aquí... todo normal (como diría Iker Jiménez), esto levamos anos facendoo. Pero nun bo día irrumpen nas nosas vidas as redes socias, maioritariamente Facebook, e xa non solo revelamos os nosos datos persoais a unhas poucas empresas, senon que declaramos ó mundo o noso amor por certa persona, decimos onde estamos e con quen en cada momento, enseñamos a nosa cara, o local a onde saimos, unha foto na boda no noso primo de Cuenca...
 
Non somos conscientes da cantidade de información que vertemos na rede, e en que medida estamos desprotexidos ante tal destape que facemos da nosa vida e a nosa intimidade. Calquer persona con coñecementos informáticos (sin ser enxeñeiro nin moito menos) e cun pouco de habilidade e axilidade, podería estafarnos ou aproveitarse dos nosos punto débiles.
 
Senon... solo tendes que botar unha ollada a esta campaña a esta campaña belga en prol da seguridade en internet.
 
 

jueves, 13 de septiembre de 2012

VIDEO: A ver que me mete Paco. O curandeiro que todo o arregla.



Seguramente moitos de vos, depois de ver algún deses videos que colgan algúns rapaces mallándolle a outro ou meténdose ca xente maior, pensastes eso de .. "A este íalle sacar eu a tontería!"
Pois non vos preocupedes, xa non fai falta! Gracias ó curandeiro Paco e o seu método quitatonterías, todos estes casos teñen xa solucíon, e senon o cres... mira como as mete Paco.

jueves, 6 de septiembre de 2012

GANGNAM STYLE, o baile de moda en internet.


De todos é sabido que Xapón é un gran país exportador. Levamos anos nutríndonos de tecnoloxía ideada e fabricada neste país, que ten a bandeira igual que o cú dalgúnhas persoas. Cada vez son mais tamén os coches xaponeses que sen polas estradas do país, e incluso xa exportan a súa cultura, costumes, comida...
Pois ben, agora o que queren é rebentar internet, con este video que xa ten máis de 111 millóns de visitas... unha pasada!
Despois de anos de investigación meteron nunha batidora a Coyote Dax, Pitbull e unha gran dose de frikismo xaponés... e o reultado foi este, GANGNAM STYLE!



martes, 4 de septiembre de 2012

Vivamos coma corzos!


Hoxe remexendo entre os arquivos que teño esparexidos polo ordenador, atopei un texto que modificara con motivo da despedida do LAND ROBER na TVG, e deime conta de que era no anterior blog (o que me borraron) no que tiña publicado, así que hoxe apetéceme volver a feclo... pero xa neste novo.

"Hai quen di que os galegos somos morriñentos sen fronteiras, que separarnos dO Luar dóenos máis que a outros pobos. A explicación é difícil, é un sentimento,... máis que un sentimento.
Como lle explicas a alguén que non é galego o que se sente ao ser un corzo? O que se sente ao escoitar de viaxe:
"A cabeza non para!"
"Lo reviento!"
"Cacahuetes p'a los monos"
Que se sente cando es dunha terra onde a xente se pelexa por ir ó Plató 1000:
"Xa fai un ano que me apuntei, xa pensei que non me ibades chamar!"
Que se sente cando montas un sketch no que fas que Pilar Rubio se sorprenda co corcel do Sheriff Bill e solte un A B A
Aguanta Burro Aguanta
ou un M L P
Me Lo Papo
Como explicar o orgullo que sentimos ó ter un programa de máxima audiencia só cun pouco de humor. E iso si, o mellor showman da terra. Que se sente cando eres o elexido para xogar en "A media castaña"

Os galegos amamos a naturalidade, o auténtico:
"Para beber o viño hai xente, pero para dar o sulfato, polo carallo!"
e desagrádanos o artificial
"No esjarabelles con el mondadientes que es de mala educación".
Que se sente ó saber que cando decimos que comezamos ás 10, comezamos ás 10 e media, que se sente?.
É máis ca un sentimento, unha paixón que nace das grandes e das pequenas cousas. Unha paixón que vén dos chistes de Falete, dos lechujas, de Santa Comba e das verbenas, da familia; dos nosos.
Por iso desde hai tres anos gritamos todos xuntos. Por iso desde O Carballiño, Malpica, desde Lugo, desde A Estrada, cada un co seu motivo pero todos xuntos, cada un a súa maneira pero todos xuntos gritamos:

VIVAMOS COMO CORZOS!!!

Cada un destes gritos teñen un por que, con razón ou sen razón pero teñen un por que, por que o corazón ten motivos que a razón non entende:
por Fisherman!
por Touriñán!
por Eva e María!
pola Land Rober Band!
David Perdomo
por Manquiña!
por Roberto Vilar!
por todos e cada un dos que fan posible LAND ROBER.

Por mil anos máis
VIVINDO COMA CORZOS!!!"

jueves, 23 de agosto de 2012

VIDEO: Así se promociona unha concentración moteira.


Co tempo soleado e co verán, chegan as concentracións de motos, e con elas os carteles chamativos de grandes motos, con mulleres de infarto.
Algo que xa é típico dunha boa concentración (coma a do Ulla que se celebra nesta fin de semana) son os striptease e as exhibicións dalgún especialista facendo unha chea de filigranas cas duas rodas (ainda que agora tamén se estilan as catro do quad). Esto é algo que case que se repite bastante e case sempre son os mesmos (sobre todo o dos especialistas, porque mulleres hai moitas mais). Pero hoxe traiovos savia nova, un especialista listo para rachar ca pana... o que se chama un crack!

Así se promociona o próximo MotorFest na casa da collona...



miércoles, 8 de agosto de 2012

Entrevista a Marcos Magán en Santiago TV



Despois duns cuantos días por fin me dei feito co programa de edición de video para poder cortar e adaptar a grabación da entrevista de Marcos Magán en Santiago TV... con aparición estelar incluída no teléfono, jajajja.

viernes, 15 de junio de 2012

Kiko Rivera e Tavaré ... Pandereta Nation



Nesta actualización non vou a entrar a valorar o papel de dj que pode xogar Kiko Rivera, porque xa falei mais ou menos deste tama do famoseo noutra actualización e non me vou repetir. De todos modos, a culpa non é do suposto dj, senón dos que pagan unha entrada por ir a velo.

Hoxe apetecíame falar do novo tema de Kiko Rivera, "Victory", xa que o outro día vin o video no Youtube e quedei mais apirolado do que xa son.
Kiko Rivera Feat. David Tavare... xuntouse a fame cas ganas de comer... Pois ben, comeza o video...

Aparece un balón cos colores de España, e despois a estrela... Kiko Rivera!

Para toda esa gente que piensa
que los sueños son solo sueños,
no te rindas, sigue tu camino,
la victoria está cerca
tú puedes hacerlo,
   (unhas frases dignas de estado do Facebook ou dunha cadena de mail)
E a última frase deste párrafo ten unha connotación especial, ten 4 palabras das que duas son en inglés (si si, dúas)
España: Just say Olé! (Pois non hubo cojones a que pronuciara ben a frase... "yo se" dixo o tipo... sabes oh!)

Coidado que sale o Tavaré a cantar (outro que se luce de carallo), non sei se é que estaba estreñido ese día ou é que pensa que está a cantar unha balada para poñer esa cara de intensidade...

El juego ya va a empezar
y todo el mundo se para a mirar,
con ganas y voluntad
todos tus sueños se harán realidad.

Campeones del mundo
the champs of the world
levanta la mano y canta Olé.
Campeones del mundo
the champs of the world,
together we'll make
just say Olé

Unha calidade letrística de escándalo... e ¿que me decides de "Campones del mundo, the champs of the world"? Eso é para arrasar nas listas de yukei, yermani, nederlans y oder países. Exitazo internacional!

Logo outro detalle... os aplaudidores que teñen Kiko e o de HMYV (non recordo o nome) ¿non eran os que daban co MARCA? Bueno, non sei... sónanme e non sei de que.

Outro pedazo de letra...

Hoy vamos a luchar
por una otra estrella,
  (¿alguén lle atopa sentido/significado a esta frase?)
por la eternidad.
Hoy vamos a ganar
para celebrar nuestra inmortalidad.
(todo poesía...)


Para que non todo sean golpes, non vaia ser que pensedes que teño algo en contra da canción, decir que despois de toda esta cantidade de despropósitos aparece o único medianamente decente do tema... un negro/mulato/oucomollequeiradeschamar rapeando...

La ilusión va a comenzar,
el partido va a empezar,
vamos a muerte a reír y a llorar
y todos juntos apoyando al equipo
venga dale duro y que sigamos invictos.
Un corazón, una nación
y ruge la afición porque ha marcado un gol,
ser campeón, vamos arriba guerrero
porque tenemos que ser los primeros.


Supoño que este párrafo é da cosecha de quen o canta, e non da mesma persona que fixo o resto da canción, porque polo menos a letra ten algo de sentido tendo en conta do que trata o tema. Como digo para min o único salvable do tema... e o nome deste rapaz non aparece no tema por ningures!! Co cal sigo sen saber como chamalo.

Vamos... que é unha pena que simplemente por aproveitar o tirón da Eurocopa, se saque un tema dunha calidade tan ínfima (porque temas malos xa hai moitos) e o mais penoso é que terá un éxito brutal... merda de país!!