Mostrando entradas con la etiqueta latino. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta latino. Mostrar todas las entradas

viernes, 27 de abril de 2012

VIDEO: Os rumanos (e as rumanas) chegan para quedarse.


Os que sexades seguidires da música de baile, xa vos dariades conta que últimamente está a  aparecer moita música chegada de Rumanía; desde Inna foi un non parar de temas rumanos, sobre todo porque neles usan moito ó español. Pois non contentos con copar o mercado dance, tamén empezan a querer facer o mesmo cos ritmos mais latinos e pachangas. Se ó final o de que houbera tanto rumano pola rúa, non era casualidade... Quérennos invadir! XD

Pois parece ser que en Rumanía picáronse con Brasil e pensaron... se estes triunfan co chechechere, despois funciona o tacatatacata... pois nos sacamos o rucutu tacatapu e listos..que temble Gustavo Lima que veñen os rumanos a invadir o mercado musical.
O tema xa ten uns cuantos meses, pero eu descubrino esta semana...¿ que lle queredes?

Mirade e opinade.

miércoles, 11 de abril de 2012

Set Radio Lider en Discoteca Xata (Caldas de Reis)



Xa non recordo cando foi a derradeira actualización que fixen. Estoume apatronando...
Bueno, o caso é que hoxe vos traio un bo plan para esta fin de semana. O planazo está en Caldas de Reis, na Discoteca Xata.
O venres, Xata ofrécenos un set musical cos locutores de Radio Lider, donde pincharán os temas que mais sonan. Os que gustan mais do latino terán a sua ración con Manu López, e o mais danceros terán o seu tempo con Marcos Magán.
Pero a cousa non remata ahí, senon que ó día seguinte, tamén desde Radio Lider, chegará Dj Charlie ca sús versión do Italian Style para as pistas de baile.

A verdade, é que algo que podería parecer normal, como son unhas sesións de djs, estase a converter nun ben escaso nas nosas discotecas. Entre tanto GH, MHYV, SV e demais animalario que vive no TeleCirco, os locales estanse a convertir en estudios fotográficos, donde ven unha xente para facerse fotos con eles... pois vaia mérito do carallo!
E por eso mesmo quixen destacar estas dúas actuacións, porque está ben que ainda que solo sexa de vez en cando, estas sesións existan, cando menos para xustificar o nome de "discoteca".

Pois o dito, espero que apoiedes estas dúas festas, e agradecer a Xata (Caldas de Reis) que tivesen a iniciativa de facelas.