miércoles, 9 de enero de 2013

Paquirrin dale al SYNC


Despois dunha chea de tempo, volvo actualizar este santo blog, e hoxe para mostrarvos un video que atopei no muro de Facebook do meu benquerido Jordi Carreras.
Como xa sabedes, son moi pouco amigo de que se programen festas nas discotecas con personaxes de moda da tele, simplemente porque creo que non aportan nada, ainda que ben é certo que ó final dan rendabilidade económica, que é o que buscan os empresarios... pero non me vou volver meter neste tema, porque arranco e non paro.

O caso é que despois de que Kiko Rivera se metera a amago de dj, agora quere seguirlle os pasos Rafa Mora... é un dos inconvenientes que ten a revolución tecnolóxica; agora calquera pode cadrar os temas apretando un botón... ata eu, que son bastante inútil.

Pois como vos ía decindo, hoxe atopei o video este, que fai unha pequena parodia moi ilustrativa sobre o tema.

O mellor... o tema do final! jajajaja

Vamos Paquirrín, dale al SYNC!







1 comentario: